Conferencia da Dra. Molina


Dentro das actividades de información para as persoas afectadas, o 23 de xaneiro, organizamos unha charla da Dra. Molina (hepatóloga no CHUS) na Casa da Cultura do Milladoiro.

Charla MolinaQue é a Hepatite C. Como se transmite. A diferenza entre seropositividade, viermia, hepatite aguda e crónica. Os coidados necesarios para calquera doente con e sen tratamento. Que ocorre unha vez que rematamos o tratamento, que podemos esperar unha vez o virus é indetectable…

Todas estas cuestións e moitas máis foron desgranadas nunha interesantísima charla por esta especialista que ven colaborando activamente coa nosa asociación desde o inicio, utilizando unha linguaxe comprensible que fixo moi asequible comprender cada un dos aspectos que trataba.

Foron moitas as persoas, socias e non da Plataforma, que acudiron a esta actividade desde case tódolos recunchos do país e que tiveron a oportunidade de expor as súas dúbidas e preocupacións nun animado coloquio que ocupou a metade do tempo da charla, mesmo despois de rematada a conferencia esta doctora, verdadeiro exemplo de compromiso e cercanía cos pacientes, ofreceuse a seguir atendendo consultas individuais mentres departíamos nunha cafetería próxima.

Para quen non puido asistir e teña interese, é posible ver a gravación do evento nesta ligazón

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*