XORNADA SOBRE HEPATITE C NA CORUÑA


O día 16 de Marzo estivemos participando na xornada sobre Hepatite C organizada pola Asociación Galega de Transplantes Airiños no salón de actos do CHUAC.

A xornada, dirixida a pacientes, coXornadaCoruña2mezou coa intervención do Presidente de Airiños, Abelardo Sánchez Sanjurjo que, tras dar a benvida e presentar aos intervintes, expuxo o proceso que desembocou na elaboración e aprobación do Plan Estratéxico. Na súa intervención salientou o rol xogado polas asociacións de pacientes e a mobilización na consecución deste, a intervención da FNETH na negociación, e os principais aspectos do mesmo.

 

Interviu a continuación  o Presidente da Plataforma, Quique Costas, quen, tras valorar o plan como “ambicioso e con unha visión de abordaxe integral”, desgranou os principais elementos do plan que non se están cumprindo ou que nin sequera se puxeron en marcha. Fixo especila fincapé nas cuestións referentes a detección e prevención dunha infección da que o propio plan recoñece que hai unha enorme bolsa de pacientes non detectados. Denunciou neste sentido a inexistencia a día de hoxe dun plan de cribado de segmentos da poboación con especial prevalencia da viremia. Enfatizou asemXornadaCoruña1ade a carencia de programas formativos para o persoal de atención primaria, que foi exposto polas asociacións de doentes ao SERGAS reclamando de xeito unánime a súa posta en marcha. Na súa exposición tamén aportou os datos trasladados pola adminsitración sanitaria autonómica sobre tratamentos dispensados ao abeiro do Plan  ata 30 de outubro de 2015, subliñando os rexistros de eficiacia dos mesmos (por riba do 95%). Detívose finalmente na situación intolerable dos enfermos reclusos para concluír que nos atopamos diante dun bo Plan que vai permitir estender a dispensación dos tratamentos aos pacientes en fases F0 e F1 no ano 2017, pero do que non se están a cumprir nin pór en marcha aspectos esenciais en termos de saúde pública.

Finalmente o Dr. Álvaro Mena de Cea fixo unha moi interesante presentación na que, tras abordar aspectos xerais sobre a enfermidade, deténdose na explicación dos conceptos de dano hepático, fibrose e Menacirrose, se centrou na exposición dos novos tratamentos. Na súa exposición explicou cal é o resultado destes e as consecuencias que ten a eliminación do virus, deixando clara a diferenciación entre elminiación do VHC e a permanencia das lesións hepáticas. A parte final do seu relatorio estivo dedicada a explicar o funcionamento do Fibroscan, como se realiza esta proba diagnóstica, e o seu valor como alternativa á tadicional biopsia intrahepática. Valorou especialmente a posibildade de repetir esta proba ao ser indolora, non invasiva e carente de complicacións tantas veces como sexa precisa, o que permite facer estudos lonxitudinais (no tempo) para observar a evolución das lesións fibrosantes.

Ao remate das intervencións houbo un animado e participado coloquio co público no que tamén intercviu a Vicepresidenta da Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), Laura Quintas.

En paralelo aos relatorios a Dra. Iria Rodríguez e, unha vez rematados estes, o Dr. Mena realizaron probas de fibroiscan de carácter orientativo aos asistentes á xornada que o solicitaron.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*