A Plataforma naceu con uns fins estritamente reivindicativos, no contexto da loita polo acceso aos novos fármacospara o tratamento da Hepatite C no sistema sanitario público. A visibilización do problema, a presenza nos medios e na rúa e as accións reivindicativas centraron os seu primeiros esforzos, e seguen a ser parte da súa actividade central.
Mais conforme fomos avanzando nas conquistas e tamén na detección das necesidades do colectivo os seus métodos e campo de acción foron ampliándose.
Hoxe en día a Plataforma
- Participa na mesa de seguimento do Plan Estratéxico na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS.
- Impulsa en colaboración cos grupos do Parlamento iniciativas a prol dos dereitos das persoas afectadas pola enfirmidade.
- Promove o coñecemento social da Hepatite C.
- Presta apoio individualizado ás persoas afectadas para a mellor xestión do seu tratamento sanitario.
- Participa en foros de debate sobre os dereitos sanitarios e a mellora da calidade da Sanidade Pública.
- Está integrada nas plataformas de defensa da Sanidade pública en Galicia.